Substitúe á actual directora xeral para o Deporte, Marta Souto. Até agora era concelleira de Igualdade, Educación, Cultura e Normalización Lingüística no Concello de Pontevedra.
Antes fora tamén edil de Educación e Muller, no mesmo concello, coa alcaldía do nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores. Ademais é a vogal designada polo Parlamento de Galicia no Consello Social da Universidade de Vigo. É profesora catedrática de francés no IES A Xunqueira 1 de Pontevedra.
Agora compételle xestionar e coordinar todas as actuacións culturais e deportivas que sexan competencia da Consellaría de Cultura na provincia de Pontevedra.