Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Innovación e a participación, eixos clave do borrador

O Igaem abre caixa de correo para as suxestións sobre o Plan Galego das Artes Escénicas

Non será até o próximo outono cando se peche o proxecto e até daquela, os internautas poden consultar o borrador e realizar propostas ao respecto.

Redacción - 10:00 22/07/2007
Tags:

O proceso iniciouse xa en 2006 e a reflexión que propón inclúe a diagnose do sector, a definición das políticas públicas necesarias e a participación de todos os organismos e institucións que teñan que ver co teatro.


A propia elaboración deste Plan Galego das Artes Escénicas, PGAE, responde a unha demanda historicamente reiterada do sector e non atendida até o de agora. O borrador coñecido o pasado mes de xuño propón varias claves: promover e potenciar as industrias vencelladas ás artes escénicas; fomentar e consolidar procesos de innovación na creación e xeración de contidos; garantir a accesibilidade dos públicos ás actividades artísticas e a integración das artes escénicas na vida comunitaria; consolidar o mercado de artes escénicas, e promover a internacionalización económica e cultural.


Algunhas interesantes propostas concretas xa avanzadas son a creación dun programa cultural específico no ámbito das escolas para a adquisición desde cativos do hábito de consumo de teatro ou o deseño de proxectos de animación sociocultural dirixidos a colectivos con risco de exclusión social. Ademais, o PGAE ampliará a rede de espazos escénicos e potenciará a colaboración entre eles.


Para participar na elaboración do PGAE poden enviarse as suxestións ao enderezo igaem@xunta.es.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: