Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SESIÓN PLENARIA

O acordo para a Deputación da Coruña réstalle competencias a Fernández Moreda en favor da Xunta de Goberno

Repite como presidente do organismo logo de reeditar o acordo co BNG.

Redacción - 17:05 18/07/2007
Tags:

A adxudicación de obras xa non será unha competencia do presidente da Deputación da Coruña. A partir de agora, esta misión recaerá na Xunta de Goberno que conforman socialistas e nacionalistas. O propio presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda (PSdeG), afirmou que a vía “ben” este acordo e incluso sinalou que fora unha iniciativa propia.

Moreda fixo estas declaracións logo de ser reelixido este mércores como máximo dirixente do organismo provincial. A elección foi posíbel grazas a un principio de acordo entre PSdeG e BNG que se fixo agardar até o último momento. De todos os xeitos, as negociacións para a composición definitiva das áreas de goberno proseguirá nos vindeiros días. Fernández Moreda asegurou que será unha lexislatura continuista e avogou por rendibilizar ao máximo os fondos europeos.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: