O avión, un Airbus A320, incendiouse logo de bater contra uns edificios que están a carón do aerporto.
A maior traxedia aérea da historia de Brasil viviuse esta madrugada no aeroporto de São Paulo. Un fallo na manobra de aterraxe fixo que un Airbus A320 con 176 pasaxeiros a bordo batese contra un edificio e unha estación de servizo situados a carón do aeroporto. A nave pertencía á compañía brasileira TAM.
As autoridades confirman que logo do incendio do aparato non se salvou ningún pasaxeiro e que alomenos outras 30 persoas que estaban nos inmóbeis terían morto. O presidente, Lula da Silva, convocou un gabinete de emerexencia logo de coñecerse a magnitude da traxedia. Poden seguir a última hora na prensa local: Folha de Sao Paulo