Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INVESTIGAN POSÍBEIS IRREGULARIDADES

Na Estrada as obras fanse antes de estar contratadas

O novo goberno estradense descubre traballos feitos sen que aínda se adxudicaran.

Redacción - 12:13 17/07/2007

O novo alcalde da Estrada, o socialista Xosé Antón Dono, asegurou este luns que o goberno local está a atopar indicios de “irregularidades” en varias obras municipais. A sorpresa saltou cando o executivo descubriu obras executadas polo anterior goberno popular que aínda non foran adxudicadas.

Os traballos pertencen a obras que se pretendían executar cos remanentes procedentes das baixas doutras actuacións, financiadas todas con plans provinciais. O goberno estradense abriu unha investigación xa que, de demostrarse os feitos, significaría que algunhas empresas acometeron as obras sabendo con moita antelación que ían gañar os concursos. Poden completar información nas edicións locais de Faro de Vigo e de La Voz de Galicia.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: