Onde se celebrou o Campionato Galego. As marcas que se pecharon no campo d'A Malata foron memorábeis. Desta volta temos até vídeo.
No campo d'A Malata ferrolán vivíronse momentos de gran calidade deportiva. Entre eles, dende a federación destacan os 7,67 metros en lonxitude de Hilberto Ary e os 7,35 m. de Afonso Palomanes; os 52,29 m. no disco a cargo de Mercedes de Santaló, -segunda mellor marca galega sen contar os rexistros de Ángeles Barreiro-; os 21,69 ventosos de Javier Fidalgo no duplo hectómetros; a dupla vitoria de Víctor Rioboo, en 800 e 1500 m., e de Lida Casal (100 e 200 m.); as boas marcas en marcha feminina con Carmen Boné e Eva M. Igrexas e o gran nivel da xavelina con Dacal (70,06 m.); Fernández (68,06 m.) e Nogueira (64,81 m.), en disco con Brea (52,18 m.) e Galego (51,00 m.) e en martelo con Fernández (63,62 m.) e Vicente Landín (60,44 m.).
Até o de agora, as cousas están como segue no atletismo galego absoluto. Velaquí están os resultados oficiais das probas (listaxe en pdf), e aquí os nomes dos campións galegos absolutos de todos os tempos.
Olla tamén o vídeo dun momento no Campionato. É a segunda parte de tres, se queres ver as outras, podes facelo na web da Federación Galega de Atletismo.