 
A tenista pontevedresa venceu á checa Iveta Benesova, facendo que o equipo estatal permaneza no grupo do Mundial.
Lourdes Domínguez deulle ao equipo estatal o punto que precisaba para continuar pelexando por unha boa praza no Mundial de Tenis, tras vencer a Iveta Benesova por 6-2, 4-6 e 6-3. 
Á pontevedresa custoulle un chisco meterse no partido, pero conforme ía avanzando, máis cómoda se ían sentindo, até que terminou gañando a eliminatoria.
Domínguez foi felicitada, ao terminar o partido, polo capitán do equipo estatal da Copa Federación, Miguel Margets, quen asegurou que estaba encantado de permanecer entre os oito equipos que confirman a elite do tenis feminino mundial.
A tenista galega está no posto número 61 do ranking mundial, e no posto número 7 do estatal.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto