Os ecoloxistas envíanlles carbón para criticar a súa "compracencia" cara ás centrais térmicas de carbón de As Pontes e Meirama.
Desde Verdegaia quéixanse de que se desatendese a solicitude de abril pasado onde se propoñía que a Xunta fixese presión sobre o goberno español para que o plan estatal de asignación de dereitos de emisión 2008-2012 "penalizase fortemente a queima de carbón". Favorecíase así, en opinión dos activistas, a actividade de Endesa e Unión Fenosa, "que contribúen elas soas máis ao cambio climático que todos os fogares e os automóbiles galegos".
"Mentres Fernando Blanco se felicita pola continuidade das térmicas de carbón máis alá do inminente esgotamento do carbón galego, Manuel Vázquez olla para outro lado perante estas enormes fábricas de cambio climático", expoñen desde o colectivo ecoloxista. Por este motivo, Verdegaia teme que esta volva a ser unha "lexislatura perdida" na loita contra o cambio climático.
Máis na web de Verdegaia.