Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
SÁBADO 14 DE XULLO, ÁS 18 H

O Centro Galego de Barcelona organiza a tradicional misa na honra do Apóstolo

Con motivo da próxima celebración do Día da Patria Galega, a Catedral de Barcelona acolle a misa solemne na honra do Apóstolo, oficiada en galego, precedida dunha procesión.

Helena Domínguez - 13:30 14/07/2007

A cerimonia iníciase cunha procesión que parte ás seis da tarde do Centro Galego e finaliza na catedral. Na marcha, encabezada pola talla en madeira do Apóstolo, participan grupos de música tradicional e unha banda de gaiteiros.

A celebración do Día da Patria Galega, o 25 de xullo, tamén ten o seu reflexo en Barcelona, a través das actividades que organizan as diversas entidades culturais galegas asentadas en terras catalás. Unha das celebracións con máis tradición é a misa solemne que dende hai 50 anos organiza o Centro Galego de Barcelona na catedral desta cidade, para honrar ao Apóstolo Santiago.

A cerimonia deste ano ten lugar o 14 de xullo e iníciase ás seis da tarde, cunha procesión que discorre desde o Centro Galego, pasando polas Ramblas, ata a catedral, e na que participarán a banda de gaitas de Pontecaldelas, así como os grupos de música das entidades galego-catalás Agarimos, Toxos e Xestas e Centro Galego de Barcelona, e os lanceiros da garda urbana de Barcelona. Os oficios relixiosos, en lingua galega, irán acompañados da música e dos cantos do Coro Lonxe da Terra do Centro Galego de Barcelona.

Sábado, 14 de xullo, 18 h.
Procesión desde o Centro Galego de Barcelona até a Catedral
Misa en galego na honra do Apóstolo.

Centro Galego de Barcelona
Rambla Caputxins, 35-37 | 08002 Barcelona


2,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: