Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Decisión da Corte Suprema

Anulan os indultos que Ménem lle concedera en Arxentina a represores da ditadura

Estabelecendo que aquel perdón foi inconstitucional, o Supremo anulou o primeiro indulto contra un ex xefe da ditadura, iniciando o camiño para a anulación do resto.

Redacción - 09:00 14/07/2007

Os xuíces da Corte Suprema decidiron por maioría a anulación do indulto concedido ao ex xeneral Santiago Omar Riveros. O motivo: viola a Constitución arxentina. Xa que logo, abre a porta para que o resto de indultados perdan o beneficio concedido no seu momento polo daquela presidente Carlos Ménem. Riveros é acusado de case medio cento de crimes de lesa humanidade, torturas, secuestro e homicidios.

Este tribunal xa dera o primeiro paso en 2004, cando subliñara ao fío dun caso concreto que os crimes de lesa humanidade non prescriben. Do mesmo xeito, un ano máis tarde declaraba inconstitucionais as leis de Punto Final e Obediencia Debida. Agora avanza outro chanzo suprimindo os indultos concedidos por Ménem. Ao respecto, o ex presidente xa se pronunciou, acusando ao goberno actual de Néstor Kírchner de promover unha "revisión sesgada do pasado que non fai máis que reavivar odios".

Máis en Clarín e Página 12.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: