Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
En Boiro e Moaña

As traíñas galegas enfróntanse en dúas proba puntuábeis para o nacional

Esta fin de semana volve á carga a Liga Galega de Traíñas, con dúas probas en augas do atlántico que puntúan na clasificación nacional, liderada até o de agora polo Tirán de Moaña.

Redacción - 09:30 14/07/2007
C. R. Puebla

C. R. Puebla

O sábado... en Boiro
Volve a Liga Galega de Traíñas, con dúas regatas puntuábeis a celebrar na fin de semana. A primeira é para a tarde do sábado: trátase da segunda edición da 'Bandeira Concello d'A Pobra do Caramiñal', organizada polo C.R. Puebla.

Nesta proba as tripulacións de cada tanda saen coas popas enfrontadas, o que fai que estas se entrecrucen até catro veces en toda a regata, mentres o espectador tenta atender todo o tempo, para non perder un chisco da proba.

O domingo... en Moaña
No peirao de Meira, en Moaña, as traíñas de Liga Galega xuntaranse todas para facer unha boa carreira e ir escalando posicións na táboa clasificatoria. A proba do domingo está organizada pola S.D. Samertolameu.

As cousas aínda están moi reñidas, cando fican por celebrarse unha ducia de probas, incluída esta. A Clasificación da Liga Galega de Traíñas, até o de agora, é a que segue:

1- S.D. Tirán, 39 puntos.
2- S.D. Samertolameu, 35 puntos.
3- R.C. Náutico de Vigo, 34 puntos.
4- C.Regatas Perillo, 32 puntos.
5- C.R. Chapela, 27 puntos.
6- A.D. Esteirana, 23 puntos.
7- Amegrove C.R., 24 puntos.
8- C.R. Coruxo, 21 puntos.
9- C.R. Puebla, 13 puntos.
10- C.R. A Cabana, 15 puntos.
11- Credimotor C.R. Ares, 13 puntos.
12- C.Mar de Castropol, 7 puntos.
13- S.D. As Xubias, 4 puntos.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



As traíñas galegas xúntanse no domingo en Moaña
As traíñas galegas xúntanse no domingo en Moaña
Imaxe dos remeiros do Samertolameu de Meira, clube organizador desta proba
Imaxe dos remeiros do Samertolameu de Meira, clube organizador desta proba
O equipo da S. D. Tirán, o primeiro na clasificación até agora
O equipo da S. D. Tirán, o primeiro na clasificación até agora