A Liga comeza o 26 de agosto e en Primeira División veremos o Deportivo-Almería. Por abaixo: Celta-Córdoba e Rácing de Ferrol-Éibar.
Almería na primeira xornada e Valladolid na segunda serán os dous primeiros encontros que terá que desputar o Deportivo da Coruña, único representante galego para a tempada 2007-2008 na máxima categoría do fútbol estatal. A sorte quixo que os deportivistas poidan estrearse así, na casa primeiro e como visitantes despois, con dous equipos que acaban de ascender da Segunda División.
Ao tempo, en Segunda o Celta comeza a primeira volta en Balaídos, fronte ao Córdoba, e viaxa na segunda xornada a Castellón. Da súa banda, o Rácing de Ferrol tamén fai a estrea na casa, diante do Éibar, e viaxa na segunda xornada a Andalucía para enfrontarse ao Ejido.
Por outro lado, o sorteo deixa o primeiro derbi galego para o próximo 4 de novembro, día no que Balaídos acollerá o choque entre Celta e Rácing. Será na xornada 11ª e para daquela é de agardar que os dous equipos estean xa rodados no primeiro treito da tempada.
O calendario completo na web da Liga de Fútbol Profesional, LFP.