Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
O COLECTIVO ECOLOXISTA DO SALNÉS REÚNE O APOIO DE 25 COLECTIVOS ECOLOXISTAS E PROTECTORAS DE ANIMAIS Á

Campaña contra o tiro ao pombiño

O CES convoca unha concentración cidadá para este sábado, día 14 de xullo ás 12 da mañá, no paseo marítimo do Grove, nas inmediacións da ponte da Toxa para manifestar o nosa postura contraria á celebración do “Campeonato Nacional de Tiro al Vuelo”, que se está a celebrar dende o día 6 de xullo no Campo de Tiro da Toxa.

Colectivo Ecoloxista do Salnés - 18:56 12/07/2007

Esta concentración forma parte da campaña lanzada a nivel galego este ano polo CES chamada “Prohibición do tiro ao pombiño, xa!. Esta campaña persegue principalmente que se recolla na “Lei 1/93, de protección dos animais e salvaxes en catividade” a prohibición expresa da práctica do tiro ao pombiño.

Así a campaña consiste en:

 Envío dun escrito á Consellería de Medio Ambiente para solicitar a modificación da lei “lei 1/93” (será enviada mañá, día 13)
 Envío por medio do correo electrónico dunha postal na que cada quen, de xeito persoal, pode enviar aos responsables da Consellería de Medio Ambiente a modificación da lei.
 Concentración cidadá o sábado 14 ás doce da mañá nas inmediacións da ponte da Toxa. A Concentración consistirá en:

Esta xornada consistirá nos seguintes actos:

Parodia do tiro ao pombiño: No lugar da concentración instalarase un simil de posto de feira onde poder realizar probas de puntería contra pombiños de cartón.
Lectura dun manifesto.
Andaina de protesta dende o paseo marítimo ata as inmediacións do Campo de Tiro de A Toxa, co único afán de que nos escoiten, non de sabotearlles o campionato.
Empanadas e bebidas para todos/as. Ao remate da andaina dirixirémonos a un parque público da Toxa onde o CES invitará aos asistentes a empanada e outras “viandas”.

A campaña Prohibición ao Tiro ao Pombiño, XA! logrou reunir o apoio das seguintes asociacións que convocan a concentración e asinarán o escrito á Consellería: Federación Ecoloxista Galega (FEG), ADEGA, AMIGOS DA TERRA,APDR, COTO DO FRADE, MATARPORMATAR NON, LUITA VERDE, RIDIMOAS, SGHN-Pontevedra, VERDEGAIA, VAIPOLORÍO, APADAN, Asoc. protectora ABEIRO, Asoc. COMETA, Asoc. GATOCÁN, Asoc. OS PALLEIROS, Asoc.Protectora de Cans e Gatos de OURENSE, Asoc. protectora de animais SEN FRONTEIRAS, UPAFGA e as Asoc. protectoras de animas de: BAIONA, BARBANZA, CAMBADOS, LUGO, MARÍN E VIGO.

O CES quere manifestar publicamente o agradecemento a estas asociacións polo seu apoio contra da barbarie que todos os anos dende fai décadas se está a celebrar na Toxa, e por demostrar co seu apoio que xa somos moitos os que pensamos que o tiro ao pombiño é unha crueldade, é unha actividade deportiva doutros tempos e ademais hai alternativas (tiro ao prato ou á hélice).

Por último, invitar a todos os cidadáns que o desexen e que compartan os fins da campaña a acudir á concentración.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: