Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
AS LOITAS POLOS ESCANOS

A elección de deputados provinciais abre unha forte crise no PSdeG coruñés

Os socialistas de Culleredo, Cambre e Carral falan de nomeamentos teledirixidos.

Redacción - 14:35 12/07/2007
O reparto do poder na Deputación divide os socialistas coruñeses

O reparto do poder na Deputación divide os socialistas coruñeses

Non hai escanos para todos. O PSdeG na comarca da Coruña está a vivir momentos convulsos pola elección dos deputados provinciais. O malestar é tal que os socialistas de Cambre, Carral e Culleredo non dubidaron en enviar un escrito aos medios poñendo de manifesto as críticas ao modo de elección. Os dardos van dirixidos especialmente contra o responsábel provincial do partido, Moisés Rey.

O PSdeG na comarca da Coruña vai ter catro representantes na Deputación (un menos que en 2003). Ademais do presidente Salvador Fernández Moreda, o sector oficial promove para deputados ao concelleiro coruñés Xosé Nogueira; á nova alcaldesa de Arteixo, Pilar Souto; e ao alcalde de Cerceda, Xosé García Liñares. Esta proposta está apoiada pola dirección galega. A elección deixa sen opcións ao até o de agora deputado Celestino Poza, que era o aspirante por Culleredo.

Patalexo
Fontes do PSdeG coruñés consultadas este mesmo xoves por Vieiros aseguraron que o reparto de escanos está pechado. Segundo esta versión a escolla foi lóxica en función dos resultados do pasado 27-M. Tildan de "patalexo" a postura das agrupacións locais de Cambre, Carral e Culleredo, uns municipios onde o PSdeG baixou en concelleiros nas últimas eleccións.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: