Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O ex ministro deixa o PS

O convite a Jack Lang do equipo de Sarkozy abre ferida no socialismo francés

Lang non aclarou aínda se aceptará a proposta. Con todo, presentou a dimisión no PS antes de que a dirección do partido decidise a suspensión de quen colabore cos conservadores.

Redacción - 09:00 12/07/2007

Jack Lang, ex ministro de Cultura e de Educación, fora convidado polo presidente francés, Nicolás Sarkozy, a integrarse nunha comisión sobre a reforma das institucións. En principio, o Partido Socialista francés, PS, non rexeita a participación neste tipo de comisións, pero desde a dirección socialista subliñan o malestar cara aos conservadores por non permitirlles decidir autonomamente sobre os seus representantes.

Xa que logo, o convite de Sarkozy afonda na desestabilización do PS, despois de que media ducia de políticos da esquerda aceptasen xa cargos no goberno liderado polo primeiro ministro François Fillon. Nunha carta ao secretario xeral do PS, François Hollande, o ex ministro Lang presenta agora a dimisión e expresa ademais críticas coa actual dirección socialista. "O Elíseo no só trata de concentrar todos os poderes, senón tamén de crear confusións na vida política", afirmou ao respecto Hollande.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: