O xornal inglés The Independent afonda na "brutalidade" consentida dos soldados estadounidenses.
"Demócratas e republicanos loan os homes e mulleres en uniforme en cada oportunidade". Así explica a reportaxe a percepción social que nos Estados Unidos existe sobre as actuacións do seu exército, baixo o axioma na vida política de que "as accións dos militares están máis aló de toda crítica".
O documento ao que se refire The Independent sae á súa vez dunha serie de entrevistas en profundidade publicadas anteriormente polo xornal estadounidense The Nation, que falou con medio cento de veteranos da guerra iraquí. Nestas charlas, os soldados describen accións violentas e asasinatos de homes, mulleres e nenos "con impunidade". Segundo explica o xornal inglés, os textos documentan un amplo abano de atrocidades, tales coma o masacre en Haditha en 2005. "Non son barbaridades individuais", di un dos soldados entrevistados, "é o feito de que toda a guerra en si mesma é unha barbaridade".
Poden ler a reportaxe en The Independent.