Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Alumnado virtual

Un curso da USC en Second Life

Nada mellor para adquirirmos coñecementos e experiencia sobre Televisión dixital terrestre e por Internet, comunicación interactiva e hipermedia. É o título dun curso que se imparte na Facultade de Ciencias da Comunicación de Compostela... E en Second Life.

Redacción - 12:44 11/07/2007

O curso, inaugurado este mércores 11 polo secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, e o decano da facultade, Miguel Túñez, aborda cuestións como a comunicación interactiva, a cibercultura, dereitos emerxentes, modelos de negocio, converxencia hipermedia e identidade. Este curso de verán, que organizaron os profesores Xosé Soengas e Francisco Campos, ten a particularidade de ser integramente difundido pola rede a través do mundo virtual Second Life e para telefonía móbil 3G.

Como convertérmonos en alumnado virtual? Debemos atopar a illa 'Uvvy2' e teletransportármonos a ela. No edificio da 'UniversidadSL', petamos na porta para que se abra e dentro del, cruzamos o patio e chegar ata o salón de actos.

Os relatorios axudarán a abordar a problemática da converxencia dixital dende unha tripla dimensión: a tecnolóxica, a económica e a social, a través dos soportes e modelos que propician as novas formas de comunicación relacionadas cos cibermedios, comunicación móbil e interactividade, radio e televisión por internet, Web 2.0 e 3.0, creación virtual e 3D. Sete conferencias e catro mesas de debate terán lugar ao longo dos próximos días: a televisión dixital terrestre en Galicia, a propiedade intelectual, ciberdereitos, canon dixital, cibermedios e participación social son algúns dos eixos temáticos. Faranse tamén obradoiros de creación e produción de contidos para a televisión e a radio a través de internet.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: