Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
BLOGBANG

Propoñen rematar coa diverxencia entre blogs e publicidade

Un novo blog francés reúne bloggers, anunciantes e publicistas para atopar unha solución definitiva á discusión sobre se un blog debe aceptar publicidade e, de facelo, en que medida pode ser efectiva

Redacción - 12:21 11/07/2007

BlogBang é o nome deste espazo que crea unha especie de “ecosistema publicitario”, como asegura o diario francés Le Monde, que apunta esta web como un sitio onde os creativos publicitarios deseñan a idea para a campaña publicitaria dunha das marcas que se postularon publicando un brief do seu produto.

Deste xeito, os internautas elixen a mellor campaña e aceptan a difusión da mesma nos seus espazos persoais, recibindo unha remuneración correspondente ás visitas que teñan e os click recibidos polo anuncio, mentres o publicista recibe o correspondente á súa creatividade.

Varias marcas sumáronse á iniciativa, de acordo ao rotativo, segundo o cal Renault buscará neste espazo unha idea para a súa nova versión do Clio, mentres farán o propio a compañía de cosméticos Garnier, o operador telefónico SFR, a casa cinematográfica Paramount e ata a ONG WWF.

Un concepto xurdido da chamada Web 2.0, onde os usuarios encárganse de definir o contido dos espazos, como asegurou Philippe Simonet, un dos accionistas da iniciativa, segundo o cal a forza de BlogBang é “estar moi preto do espírito da blogósfera”.

“Queremos elaborar un rexistro de afinidades entre as marcas e os internautas”, engadiu á vez que destacou as case 35 mil visitas que rexistrou o sitio desde a súa apertura e o feito de contar con centos de usuarios rexistrados ata o momento.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: