Curdos e xiís consideran que o estabelecemento dun Estado federal é a mellor solución aos conflitos relixiosos no país.
"Cando o 80% dos iraquís votaron en favor da nova Constitución, apoiaron este sistema";, subliñou este martes o presidente do Parlamento de Iraq, Khaled al Atiyá. "Trátase dun sistema que funcionou exitosamente aló onde se aplicou", defendeu.
A maioría demográfica de curdos e xiís garante que o sistema federalista vaia adiante, malia a belixerante oposición dos sunís, que consideran que se trataría dunha simple etapa cara o fraccionamento de Iraq en tres países. Maioritarios respectivamente ao norte e ao sur, curdos e xiís quedarían eventualmente cos áreas xeográficas máis ricas en petróleo. A representación suní convidada á conferencia sobre federalismo que ten lugar estes días en Irbil, no Curdistán iraquí, decidiu finalmente non asistir ao encontro.
Recomendámoslles ampliar no International Herald Tribune.