Tres militares e cando menos corenta dos milicianos "extremistas" faleceron nos enfrontamentos. O goberno decidiu o asalto despois do fracaso das negociacións durante días.
A última hora trae a noticia de que a operación aínda non rematou e que os combates seguen na Mesquita Vermella, onde o exército de Paquistán lanzou unha operación nas últimas horas para tratar de liberar os reféns que os estudantes islamistas mantiñan presos desde hai días.
Situada preto do centro da capital paquistaní, Islamabad, a chamada Mesquita Vermella é coñecida por ser lugar de ensino das posicións máis belixerantes do Islam. De feito, o conflito actual xurdiu despois de que estudantes dos seminarios musulmás que acolle decidisen prender varios cidadáns de orixe chinesa acusándoos de presuntamente seren rexentes de prostíbulos.
Recomendámoslles ampliar en Al Iasira e na BBC