Deportistas portugueses e galegos compiten durante catro días nos xogos transfronteirizos do Eixo Atlántico, a celebrar na vila portuguesa de Gaia da terza ao sábado.
Os Jogos do Eixo Atlântico, que este ano se celebran en Vilanova de Gaia, reúnen a deportistas de 9 cidades portuguesas e 9 cidades galegas, chegando a xuntar a máis dun milleiro e medio de atletas das modalidades deportivas de atletismo, fútbol, baloncesto, voleibol, natación, balonmán, atletismo para impedidos e vólei-praia.
Vila Nova de Gaia foi aceitada para a realización da sétima edición destes xogos, que se celebrarán entre o 10 e o 14 de xullo de 2007, no Complejo Deportivo de O Pedroso, na outra beira do río Douro, ao seu paso por Porto.
O Eixo Atlántico
A Asociación do Eixo Atlántico constituíuse para proseguir as directrices da UE sobre todo o que se refire á desaparición das fronteiras que afectan ou dificultan a libre circulación de persoas, capitais, mercadorías e servizos.
Os Jogos do Eixo Atlântico encádranse nos obxectivos do Eixo, xa que tentan favorecer á cidadanía en aspectos como reforzar a relación entre a rexión Norte de Portugal e Galiza e favorecer o turismo nestas rexións.
Con carácter bianual e con sede itinerante, preténdese con estes xogos facilitar a integración e coñecemento mutuo a través do deporte nas novas xeracións da Euro-rexión do Noroeste Peninsular, así como, promover os recursos culturais e deportivos das cidades que compoñen o Eixo Atlântico.
1.500 galegos nos Jogos
Este ano nos xogos participan deportistas da Coruña, Ferrol, Lugo, Monforte de Lemos, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Vilagarcía de Arousa pola parte galega. E pola portuguesa, haberá representación das cidades de Braga, Bragança, Chaves, Guimarães, Peso da Régua, Oporto, Viana do Castelo, Vila Nova de Gaia e Vila Real.