Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
deporte e política

O Estado quere recorrer os estatutos de 19 federacións deportivas vascas

O delegado do goberno español en Euskadi ordenou á Avogacía do Estado recorrer estes estatutos xa que, segundo el, "pretenden outorgar ao deporte vasco unha representación internacional" que só dá o Estado.

Redacción - 18:10 09/07/2007
Paulino Luesma, xurando cargo

Paulino Luesma, xurando cargo

As federacións afectadas serían a de ciclismo, a de karate, a de deporte adaptado, balonmán, xogos e deportes vascos, atletismo, natación, loita e sambo, halterofilia, ximnasia, surf, hípica, triatlón, automobilismo, rugby, judo e deportes asociados, xadrez, actividades subacuáticas e tiro olímpico.

A lei na que se fundamentan os estatutos recorridos xa fora impugnada polo executivo español ante o Tribunal Constitucional, debido, en palabras textuais "a que pretendía outorgar ao deporte vasco unha representación de carácter estatal e internacional que, en opinión do goberno, vulneraba o artigo 149-1-3 da Constitución española", segundo o cal só o Estado ten exclusiva competencia en relacións internacionais.

O delegado do goberno en Euskadi, Paulino Luesma, lembrou que o Constitucional xa acordara suspender o relativo á representación das federacións vascas, alén do seu ámbito territorial, e que hai que os suspender, xa que se "opoñen á normativa estatal en materia de deporte".


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Logo da Unión de Federacións Deportivas Vascas
Logo da Unión de Federacións Deportivas Vascas
O goberno español non quere que os deportistas vascos compitan a nivel internacional (Foto: xogo de pelota vasca)
O goberno español non quere que os deportistas vascos compitan a nivel internacional (Foto: xogo de pelota vasca)