Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O número de mortes ascende xa a 24

Quinto día de asedio á Mesquita Vermella de Islamabad

O exército paquistaní derruíu case todos os muros do templo, onde radicais islámicos permanecen atrincheirados e ameazan co "martirio".

Redacción - 10:00 08/07/2007
O exército paquistaní asedia a mesquita

O exército paquistaní asedia a mesquita

As forzas de seguridade paquistanís lograron demoler case todos os muros do complexo que alberga a Mesquita Vermella de Islamabad este domingo. Centos de radicais islámicos permanecen atrincheirados e ameazan co "martirio" denantes que se render.

Durante a noite do sábado, escoitáronse sete fortes explosións na contorna da mesquita asediada. Os atrincheirados dispararon lume de arma pesada, o que desatou un intenso tiroteo. Pouco antes, O presidente de Paquistán, o xeneral Pervez Musharraf, descartara máis negociacións co clérigo radical que resiste no interior do templo, Abdul Rasheed Ghazi.

Musharraf advertiu aos extremistas de que só teñen dúas opcións, rendérense ou preparárense para morrer, aínda que expuxo a posibilidade de manter cercada a mesquita durante longo tempo para evitar un asalto provoque vítimas entre os centos de mulleres e de nenos que hai no seu interior.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: