Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O PPdeG tilda de “traizón” o decreto do galego e teima en que pode ser inconstitucional

Esíxenlle á conselleira unha nova redacción da normativa onde haxa “equilibrio”

Redacción - 18:17 06/07/2007

O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, volveu a afirmar este venres que o seus partido se vai opoñer á entrada en vigor do decreto de galeguización do ensino. Segundo Rueda, o texto pode ser “ilegal e inconstitucional” xa que non mantén o “equilibrio” entre o galego e o castelán.

Os conservadores aférranse ao informe desfavorábel do Consello Consultivo e aseguran que o PSdeG e o BNG “traizoaron” o consenso logrado polas tres forzas hai cinco meses. Rueda asegura que se acordara un texto que dicía nun parágrafo “promoverá con carácter xeral o uso do galego” e que posteriormente se cambiou por “utilizará con carácter xeral o galego”.

Dende o PPdeG sinalan que están dispostos a dialogar e a apoiar un decreto sempre que se manteña un “equilibrio real” entre as dúas linguas. “É unha excelente oportunidade que lle brindamos á conselleira para que non sexa recordada como a que rompeu con 20 anos de consenso”, subliñou Rueda.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: