VeriSign publica o Informe da Industria dos Nomes de Dominios correspondente ao 2007
A empresa de seguridade informática VeriSign, adicada a brindar servizos de infraestrutura dixital para un mundo conectado á rede, anunciou a publicación do Informe da Industria dos Nomes de Dominios correspondente ao primeiro trimestre de 2007, que revela que os rexistros de novos dominios acadaron 10,7 millóns no primeiro trimestre de 2007, un sinal de que o forte crecemento segue para a industria de nomes de dominios.
De acordo con este informe, que resalta os datos clave do sector para a actividade dos nomes de dominios en todo o mundo, os rexistros totais de dominios acadaron os 128 millóns, o que representa un incremento do 31% respecto ao ano anterior e un incremento do 6% en relación ao último trimestre de 2006.
VeriSign procesou preto de 7 millóns de novos rexistros para os dominios .com e .net no primeiro trimestre de 2007, un número que representa un aumento do 13% con respecto ao mesmo período do ano anterior.
O.tv, base de contidos para os medios
O informe de VeriSign tamén sinala que o dominio .tv se está a situar no mercado como un dominio de primeiro nivel que reflicte máis dunha dirección dun sitio web, o que fai que .tv poda gañar recoñecemento mundial como destino para os contidos dos medios.
O informe mostra que a extensión .tv non precisa tradución a través de culturas e xeografías, visto que ‘TV’ suxire o mesmo significado en China, no Estado Español ou Estados Unidos. En todo o mundo, ‘TV’ significa entretemento de primeira clase, por iso grandes redes de televisión, ligas deportivas, sitios de xogos en liña e organizacións de adestramento están a escoller o .tv como extensión para os seus negocios.