En disputa uns 160.000 euros de premios entre os participantes, algúns xogadores profesionais.
Máis de 750 xogadores dos cinco continentes e uns 160.000 euros en premios. Estas son as grandes cifras da Copa do Mundo de Deportes Electrónicos, que se está a desenvolver en París.
Entre as categorías en disputa están os xogos CounterStrike, Quake 4, Warcraft 3 and Pro Evolution Soccer 4. No caso do CounterStrike existe unha peculiaridade. E que a organización decidiu separar aos participantes segundo o seu sexo, polo que hai un torneo especial no que participan equipos formados exclusivamente por mulleres.
O interese desatado polo evento é tal que hai varias televisión dos Estados Unidos e Corea de Sur que retransmiten en directo as partidas. Os organizadores indican que no mundo existen medio cento de xogadores profesionais, que teñen nos videoxogos, ademais de unha forma de lecer, unha forma de vida.