Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tras a xuntanza desta quinta pola mañá

O acordo para formar goberno en Nafarroa complícase

NaBai defende que a repartición de consellarías reflicta a representatividade de cada forza na cámara: PSN (12 escanos), NaBai (12) e IUN (2).

Redacción - 17:24 05/07/2007
Zabaleta, de NaBai, e Puras, do PSN / Foto: EiTB

Zabaleta, de NaBai, e Puras, do PSN / Foto: EiTB

O líder de Nafarroa Bai, Patxi Zabaleta, anunciou esta quinta feira ao mediodía que tras máis de tres horas de reunión non houbo acordo con PSN e IUN para a formación do goberno da comunidade foral.
Xa que logo, indicou que esta tarde comunicaralle á presidenta do parlamento navarro, Elena Torres, que non van apoiar ao socialista Fernando Puras para a presidencia.

No entanto, aínda habería marxe para que as negociacións prosigan mesmo durante as festas de San Fermín, xa que Torres ten previsto organizar o 16 ou o 17 de xullo a terceira e última rolda de consultas para propor un candidato con apoio parlamentario suficiente.

Tócalles aos socialistas mover peza
Zabaleta comentou aos medios de comunicación que as condicións de NaBai neste proceso negociador "están escritas, ficaron só a mesa"; isto é: a conformación dun goberno de coalición onde a repartición de consellarías reflicta a representatividade de cada forza na cámara: doce escanos do PSN, doce de NaBai e dous de IUN.

Neste senso, manifestou que a coalición nacionalista "puxo sobre a mesa o máximo esforzo e a máxima xenerosidade", porque "soubemos superar" o feito de que os socialistas non apoiasen nin á candidata da coalición nacionalista á alcaldía de Iruña, Uxue Barkos, nin ao seu candidato á presidencia do parlamento, Koldo Amezketa.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: