Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Debate do estado da nación"

O PP propón reformar a lei electoral para marxinar os grupos minoritarios

Xa avanzara a intención Rajoy e o voceiro este xoves do PP no Congreso, Eduardo Zaplana, explicitou a esixencia de que a lei privilexie os partidos maioritarios. Foi nunha intervención adicada na súa maior parte a criticar a política antiterrorista do executivo.

Redacción - 13:00 05/07/2007

De "secuestro" cualificou Zaplana o papel dos grupos políticos con menor representación. Na liña da belixerancia contra o estabelecemento de pactos entre formacións políticas que o PP estivo amosando en datas recentes, o PP defendeu a proposta de resolución presentada polo PP no Congreso onde solicita a modificación da lexislación electoral en favor dos grupos maioritarios. Paradoxalmente, os populares acordaron este mesmo mércores e en paralelo ao propio "Debate sobre o estado da nación" un pacto de goberno con Coalición Canaria que remata coa incerteza despois dos resultados das recentes eleccións autonómicas nesta comunidade, onde os socialistas foran a formación máis votada.

Zaplana tamén pediu a retirada da Lei de Memoria Histórica, opinando que "resucita enfrontamentos do pasado", e insistiu en que se suprima a materia de Educación para a Cidadanía. De paso referiuse aos presuntos problemas dos cidadáns para "usar a lingua común de todos os españois". No seu discurso, acusou o presidente do goberno español de ter feito o día anterior "o relato dun país imaxinario" e asegurou que o goberno español actual fixo "desbalde da mellor herdanza recibida nunca". A continuación, pasou a facer repaso das críticas do PP á política antiterrorista do executivo, asunto ao que lle adicou a maior parte da súa intervención. Entre outras cousas, o voceiro popular criticou que Zapatero deixe "a porta aberta a que sigan as negociacións" coa ETA.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: