Xa está aberto o prazo de inscrición para a terceira edición da festa informática
A terceira edición da Celanova Party, que este ano comparte convocatoria coa celebración do Xubileo de San Rosendo, en plenas festas patronais, busca patrocinadores para a financiación do evento de este ano.
A organización non rexeitará ningún tipo de colaboración nin patrocinio, que poderá manifestarse a través de aportacións económicas (que se empregarán íntegramente en premios para os concursantes), premios para os gañadores dos diferentes concursos, camisetas, mediante a entrega de material publicitario.
A cambio das axudas a organización publicará o nome dos patrocinadores na web do concurso (durante alomenos un ano), nos carteis así como en todo o material publicitario que se distribúa durante eses días. Despois do evento tamén se lles entregará un dossier que os colaboradores poderán incorporar ás súas carteiras de participación.