Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
fútbol

O Celta muda un López por outro López

Gustavo López rexeitou a oferta para ficar no Celta en Segunda, na mesma xornada na que o equipo vigués presentaba ao cordobés Antonio López como segundo adestrador.

Redacción - 17:01 03/07/2007
Antonio López

Antonio López

O interior arxentino Gustavo López non renova contrato co Celta, xa que considera "ter chegado ao límite das súas posibilidades", e agora anda con plena dispoñibilidade, dada polos celestes, para negociar a súa incorporación a calquera outro equipo, suponse que en Primeira.

No mesmo día no que o xogador marchaba do Celta, o ex seleccionador nacional de Bolivia e ex segundo adestrador de Rafa Benítez no Valencia (2001 e 2004), e primeiro adestrador algúns anos depois, Antonio López foi presentado como o segundo adestrador de Stoichkov para esta tempada, polo menos, na Segunda División do fútbol estatal.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: