O galego suma outro éxito máis á súa impecábel campaña internacional. O actual líder da Copa do Mundo cumpriu as súas expectativas o sábado en Copenhague. Iván Raña tivo que retirarse no medio da carreira.
Con bastante autoridade, o triatleta galego que tamén lidera o ránking de clasificación olímpica e leva dez podios consecutivos na Copa do Mundo, dominou o percorrido estando sempre en cabeza e terminou cun crono de 1 h. 51:58, por diante dos alemáns Jan Frodeno (1h52:15) e Daniel Unger (1h52:30).
O galego foi a principal baza, coma case sempre, da selección estatal, axudado polo outro galego, Iván Raña (Campión Europeo 2002 e 2003), que tivo que se retirar no medio da carreira por mor dunha molestia física.
Gómez Noya sácalle o bastón das mans Frederic Belaubrea
O francés, Campión de Europa no 2005 e no 2006, fica relevado por Gómez Noya e tivo que se conformar cunha sétima praza, moi afastada do podio.
A portuguesa Vanessa Fernandes impúxose no ránking europeo feminino.