O primeiro cumio conxunto da Unión Europea e Brasil ten lugar esta semana en Lisboa, logo de que Portugal relevase a Alemaña ao temón da UE.
Será a primeira vez que se celebre unha reunión deste tipo. Con este evento a UE pasa a converter a Brasil como interlocutor prioritario no escenario internacional, á beira doutras grandes potencias.
A xuntanza ten obxectivos comerciais moi concretos, xa que na cima da axenda está o deseño dunha relación estratéxica entre a Unión Europea e Brasil. "Isto vainos permitir seguir no desenvolvemento da cooperación en sectores clave coma o enerxético, o transporte marítimo e o desenvolvemento rexional", explicou recentemente a comisaria europea de Exteriores, Benita Ferrero Waldner. A UE é Brasil tamén coordinarán posicións cara a asuntos clave no contexto internacional, como é o caso da reforma da ONU.
Por outro lado, o primeiro ministro portugués, José Socrates, destacou a relación con Brasil como unha das metas a reforzar pola UE durante os próximos seis meses. Na web oficial da presidencia portuguesa de quenda na UE, poden ver en detalle as prioridades para o próximo semestre.