Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Confirman a candidatura

Cristina Fernández competirá en outubro pola presidencia de Arxentina

A muller de Néstor Kirchner, a senadora Cristina Fernández, lanzará oficialmente a súa candidatura durante este mes de xullo, aínda que a decisión xa foi confirmada.

Redacción - 09:00 02/07/2007

A decisión de Cristina Fernández coincide coa difusión está fin de semana das sondaxes que prognostican a súa vitoria nas próximas eleccións presidenciais, a celebrárense o 28 de outubro. Neste momento, a intención de voto cara á muller de Néstor Kirchner chegaría ao 46%, con máis de trinta puntos de vantaxe sobre os seus competidores máis destacados, Roberto Lavagna, ex ministro de Economía, e Elisa Carrió, ex deputada.

A confirmación da candidatura chega apenas uns días despois de que o candidato apoiado por Kirchner, Daniel Filmus, perdese nos comicios locais pola alcaldía de Bos Aires. O gañador nese caso, o empresario Mauricio Macri, debúxase como un posíbel candidato dos conservadores para liderar un proxecto de oposición ao actual goberno dentro de catro anos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: