Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
O escrutinio aínda está no 5 %

As eleccións no Timor Leste vanlle dando a vantaxe á Fretilin

Segundo anunciou a Comissão Nacional de Eleições (CNE), os primeiros resultados parciais das eleccións lexislativas deste sábado danlle xa un 32,9% dos votos.

Redacción - 17:45 01/07/2007

Segundo o presidente da CNE, Faustino Cardoso, xa hai datos de 11 dos 13 distritos electorais: faltan a capital, Díli, onde o reconto se fará este luns, e Manufahi. Cardoso comunicou tamén que despois da Frente Revolucionária do Timor-Leste Independente (Fretilin), o ex xefe de Estado Xanana Gusmão, ao fronte do Congresso Nacional da Reconstrução de Timor-Leste (CNRT), leva o 23,2 %. Con todo, trátase de 18.329 votos dun total de 530.000 electores, e non se coñecen as taxas de participación, polo que os datos son aínda pouco representativos. Poden ampliar información no Diário Digital.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: