Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O equipo de Portela, rozando o podio

Máis bronce para Cal en Verducido

O campión olímpico repite resultados na final de 500 metros: a súa marca, 1:55, situouno no terceiro posto, por baixo do alemán Dittmer Andreas e o ruso Lipkin Nikolai.

Redacción - 13:35 01/07/2007

Quen quedou ás portas das medallas foi o equipo de kayak feminino integrado por Teresa Portela, María Isabel García Suárez, Sonia Molanes Costa e Jana Smidakova Krompolkova. O grupo da galega obtivo a cuarta posición. O podio ocupárono o equipo alemán, no máis alto, o húngaro coa prata e o polaco en terceiro lugar.

O galego Xosé Luís Bouza Pregal competía xunto a Rafael Menéndez González, Miguel Rodríguez Galván e Andrés Oliveira Vázquez nos 500 metros de canoa. O equipo quedou de oitavo xa contra a metade da travesía, e foille moi difícil adiantar. Finalmente quedaron neste posto e o ouro foi para o equipo bielorruso, a prata para o polaco, e o bronce para o alemán.


0/5 (0 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: