Coñecida como 'Iate', ata o de agora estaba soamente ao servizo das institucións comunitarias
'Iate' (Terminoloxía Interactiva para Europa), que ata agora tan só estaba ao servizo das institucións comunitarias e que agora está ao alcance de todos de xeito gratuíto, é unha base de datos sobre a terminoloxía da UE, en vinte e tres linguas.
Trátase dunha iniciativa con varias implicacións relaciónase co movemento da linguaxe clara -ou Plain Language Movement– que postula a necesidade de estandarizar e simplificar a linguaxe dos documentos públicos e leis, para que a comunicación cos cidadáns sexa máis transparente. Considérase como unha garantía para a democracia, porque facilita ós cidadáns o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigas. Este movemento, que se afianzou nos 70, se estendeu a un gran número de países, moitos dos cales fixeron oficiais os seus postulados.
A base de datos recolle case 9 millóns de termos da xerga comunitaria que xa se poden consultar na rede nas 23 linguas oficiais da Unión Europea.
Iate permite buscar un termo nunha lingua de partida e atopar os termos correspondentes nunha ou máis linguas. Actualmente, Iate contén, ademáis de 8,7 millóns de termos, 500.000 abreviaturas e 100.000 expresións. O volume do seu contido varía segundo os idiomas, dependendo do tempo durante o cal cada lingua foi oficial da UE.