Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PUBLICADO ESTE VENRES NO DOG

A redacción definitiva do decreto reforza o papel galeguizante da Educación Infantil

Tendo en conta os datos sociolingüísticos, só as comarcas da Coruña, Vigo e Ferrol quedarían cun modelo lingüístico mixto.

Redacción - 10:17 29/06/2007
O decreto préstalle atención especial aos máis pequenos

O decreto préstalle atención especial aos máis pequenos

O novo decreto lingüístico para o ensino non universitario saíu publicado este venres no DOG. Na redacción definitiva do texto destaca o papel que vai ter a Educación Infantil, entre os 3 e os 6 anos. A nova norma indica claramente que o profesorado ten que empregar a lingua materna predominante entre o alumnado, tendo en conta a lingua de contorno. Como indicador empregaranse os mapas sociolingüísticos. De seguirse os informes publicados até o de agora, o galego sería a lingua de escolarización en todo o país agás nas comarcas de Vigo, A Coruña e Ferrol. Nestas tres últimas áreas, o alumnado recibirá, alomenos, a metade das horas na lingua autóctona.

Precisamente, a Educación Infantil foi un dos puntos máis difíciles na negociación entre os partidos políticos. Segundo puido saber este xornal, as reticencias máis fortes do PP estaban nesta cuestión e na aprendizaxe da lectoescrita só en galego. De feito, dende o primeiro momento houbo sectores populares que cuestionaron o apoio a un decreto que consideraban que poñía nunha situación de “inferioridade” ao castelán. Mais en ningún momento se ultrapasaba o Plan de Normalización Lingüístico que o propio goberno Fraga aprobara en 2004.

Formación

Maís a redacción última do decreto deixa claro que “a competencia comunicativa en galego por parte do alumnado só se pode conseguir a través da utilización vehicular desta lingua nunha parte significativa do currículo. Ademais establece que a Consellaría de Eduación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística van a traballar coordinadamente para garantir que os traballadores do ensino teñan un bo dominio da lingua.


Ligazóns

5/5 (20 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: