Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CLASES SOCIAIS TAMÉN NA REDE

Dime en que comunidades virtuais andas e direiche quen es

Un estudo revela que as redes sociais de Internet reflicten a disparidade social da xuventude americana

Redacción - 13:05 28/06/2007

Un estudo recente realizado por Danah Boyd, doctoranda da Universidade de Berkeley revela que as comunidades virtuais de Internet reclutan americanos adolescentes sociolóxicamente afins e identifican dinámicas sociais moi diferentes. Interrogando un cento de usuarios, a investigadora descubriu que a socioloxia do público de dúas desas plataformas virtuais, Myspace e Facebook, varia considerablemente.

Segundo asegurou Danah Boyd, autora do traballo Viewing American class divisions through Facebook and MySpace, aqueles internautas que teñen unha conta en Facebook proveñen na súa maioría de familias con estudos e dun maior nivel económico, mentres que os adolescentes que abren contas en MySpace acostuman ter pais sen estudos e, na súa maioría, deciden non ir á universidade tras acabar o instituto.

“As redes sociais están estreitamente ligadas coa xeografía, a economía e a relixión” comentou Boyd. “Estes factores son determinantes na vida diaria e, polo tanto, nos hábitos de Internet”.

Segundo desprende o estudo, os usuarios de Facebook acostuman ir á universidade, e realizan numerosas actividades extraescolares, mentres que o usuario medio de MySpace acostuma presentar características opostas. “Estas divisións son só unha vía máis na que a tecnoloxía plasma a situación real da nosa sociedade”, asegurou a responsable do estudo.

Sexa certo ou non, o que parece demostrar a análise é que as redes sociais son unha forma de comunicación entre os adolescentes, que encontraron nelas unha forma de coñecer a persoas similares coas que compartir as súas afeccións. “A xente mozo está a utilizar as redes sociais para construír comunidades. A través delas mostran o bo e o malo da situación social actual".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: