Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
As medallas entréganse o xoves 28 de xuño

Premio a un século de xornalismo galego

Xunto coa Fundación Érguete e Hércules de Edición, o semanario A Nosa Terra recibirá a Medalla Castelao deste ano. Vieiros falou co seu director, Afonso Eiré.

Lara Rozados - 13:45 27/06/2007
Afonso Eiré

Afonso Eiré

Vieiros: Como recibiron a noticia?

Afonso Eiré: Encheunos de ledicia, sobre todo polo que representa Castelao. Cando se premia A Nosa Terra, tamén se premia en parte a Castelao. Ademais, é importante polo feito de que esta medalla, que nos últimos anos daba a sensación de repartirse nunha tómbola, está volvendo a coller prestixio. As persoas ou entidades que a reciben teñen algo que ver co nome de Castelao.

V.: Este parece o ano d'A Nosa Terra: celébrase o centenario, recíbese o Premio Manuel María á Dignidade Nacional, agora a Medalla Castelao...


A.E.: Estamos nun ano de celebración, e son moi importantes para nós estes recoñecementos. Na sociedade actual vivimos certa uniformización dos medios de comunicación, e cando es diferente, es raro. Isto non se explica se non fose porque toda aquela actividade emerxente quedou tronzada no 36, e as 120 cabeceiras quedaron reducidas ás nove da actualidade.

No panorama actual aínda non hai liberdade de prensa: se puidesen ter seguido Castelao, Bóveda, toda a xente da Xeración Nós, a súa evolución lóxica, se puidesen ter desenvolvido o seu traballo, sería moi diferente.

No panorama actual aínda non hai liberdade de prensa: se puidesen ter seguido Castelao, Bóveda, toda a xente da Xeración Nós, a súa evolución lóxica, se puidesen ter desenvolvido o seu traballo, sería moi diferente.V.: E cales son os retos de hoxe n'A Nosa Terra? Hai unha aposta forte polo xornal dixital...

A.E.: Si, o noso reto é un cambio profundo do semanario. Como dicía Juan Luis Cebrián, do Grupo Prisa, de saír hoxe en día "El País" non o faría en papel. ANT xa tentou varias veces converterse en diario en papel, malia non poder por causas xeopolíticas. Agora, a aposta ten que ser dixital.

V.: Intégranse editorial e xornal neste proxecto?

A redacción estaría integrada. Toda a actividade que concentra A Nosa Terra, de historiadores, críticos, literatura infantil, como os tan queridos Bolechas, converteríaos en propagadores e creadores de contidos. É un proxecto de medio, non se conciben editorial e periódico como compartimentos estancos.


V.: Hai tamén unha decidida aposta polo xornalismo multimedia...
O medio dixital permitiría a confluencia entre periodismo amateur e profesional, e asentaría unha base de relación para toda a xente galega na diáspora.

A.E.: Queremos xerar contidos de imaxe, de son, vídeos... Vídeos educativos, tamén, tendo en conta o nosos compromiso en canto a libros de texto co consorcio editorial galego. Trátase de integrar a enorme creatividade d'A Nosa Terra, da que xa falara Vilar Ponte.

V.: Aumentarán considerabelmente as canles de participación do público, tamén.

A.E.: ANT, se por algo se distingue, é por ser un proxecto colectivo, participativo. Temos uns 100 colaboradores fixos, algo inaudito, subscritores de todas as partes do mundo... O semanario non é o formato máis axeitado para reunir todo iso. Ademais, o medio dixital permitiría a confluencia entre periodismo amateur e profesional, e asentaría unha base de relación para toda a xente galega na diáspora.

V.: Volvendo ao centenario, cales son as actividades previstas para celebraren esta conmemoración?

A.E.: Pois hai prevista unha exposición que se inaugurará o 4 de agosto, coincidindo xusto coa data do centenario, na Coruña, en que se amosarán os cen anos d'A Nosa Terra. Esta mostra será itinerante, e despois irá polas grandes vilas. Á parte, farase outra para os centros educativos, xunto con varias actividades didácticas, e publicaranse sete volumes cos artigos máis interesantes deste século. Tamén se publicará unha Historia d'A Nosa Terra, realizada por Bieito Alonso, outros volumes de fotografía e outro co humor de Pepe Carreiro.


3,88/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A portada da última semana reproduce unha estampa de Castelao
A portada da última semana reproduce unha estampa de Castelao
Unha das primeiras cabeceiras d'A Nosa Terra
Unha das primeiras cabeceiras d'A Nosa Terra