 
 
Cos focos apuntando principalmente á incerta negociación luguesa, desde a cidade do Lérez chega noticia de conflito entre BNG e PSdeG.
A primeira en valorar a situación foi a voceira municipal do PSdeG, Teresa Casal, quen considerou que o acontecido é "unha falta de seriedade, formalidade e respecto" por parte do BNG.   
  
  "Botáronse atrás", asegurou a socialista, quen lle achacou toda a responsabilidade aos nacionalistas e asegurou que o acordo programático estaba pechado case ao cento por cento.   
 Hai unha semana, o alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, prognosticaba nun "mes como moito" a marxe máxima para chegar a un pacto de gobernabilidade co PSOE, que lle garanta a maioría coa que conta na actualidade.  "Antes dun mes hai que facer un pleno de organización e funcionamento, e é importante chegar a acordos", sinalou daquela o alcalde tras precisar que en calquera caso "non depende solo dun senón dos dous". No mesmo sentido pronunciárase a líder dos socialistas.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto