O novo goberno xa prepara a supresión do L en rótulos e automóbiles.
O Concello da Coruña semella que vai superar a vella polémica do topónimo. A entrada dos nacionalistas no executivo local está a ser decisiva. A concelleira de Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, sinalou, segundo recolle La Opinión, que o proceso vai ser lento pola cantidade de papeis e carpetas nos que aparece o topónimo castelanizado. Os cambios van ser moito máis rápidos no caso dos rótulos e dos automóbiles
A partir de agora, o goberno quere que só se empregue o topónimo oficial e rematar así a estéril e cara teima do ex alcalde Francisco Vázquez. A lingua do país vaise converter en lingua “por defecto” da administración local. Porén, a concelleira de Normalización Lingüística sinalou que “darémoslle facilidades ás persoas que falan castelán, cousa que até agora non pasaba co galego”.