Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No Congreso do Partido Laborista

Gordon Brown toma o mando do laborismo no relevo de Blair

A nova vicepresidenta do partido, Harriet Harman, estreita colaboradora de Brown, di que o goberno británico debe desculparse por apoiar a guerra de Iraq.

Redacción - 09:00 25/06/2007

O congreso do Partido Laborista esta fin de semana en Manchester serviu para oficializar o relevo no poder, coa despedida para Tony Blair, quen asumira o cargo en 1994, ao tempo que Gordon Brown colle o temón do partido. O próximo chanzo para Brown, este mesmo mércores, será a dimisión de Blair como primeiro ministro e o seu propio acceso ao cargo.

O cambio na cúpula da formación chega con bos prognósticos para eles nas enquisas. Xa que logo, por vez primeira nos últimos meses, un estudo publicado esta fin de semana en The Observer aseguraba que o Partido Laborista está outra vez á cabeza das preferencias dos electores británicos.

Na súa toma de posesión do cargo, Brown citou como prioridades para a estratexia dos laboristas a sanidade, a vivenda e o ensino. Tamén prometeu que traballará para que o Parlamento gañe protagonismo na vida política británica.

Recomendámoslles ampliar en The Guardian e The Times.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: