Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Co 61% do total dos votos

Macri gaña para a dereita a alcaldía de Bos Aires

A catro meses das eleccións presidenciais, a dereita arxentina conseguiu o acceso do empresario e presidente do equipo de fútbol Boca Juniors ao goberno da capital do país.

Redacción - 09:00 25/06/2007

"Ninguén vai poder deter a transformación que necesita Bos Aires e Arxentina enteira", afirmou Mauricio Macri ao coñecérense os resultados, "chegou a hora de falar menos e facer máis". Con 48 anos de idade, Macri é popular en Arxentina polo seu cargo á fronte do poderoso clube de fútbol Boca Juniors e presentouse a estes comicios locais á fronte da lista conservadora Proposta Republicana.

Fronte a el competía pola alcaldía Daniel Filmus, cabeza da lista Frente da Victoria e candidato que tiña a beizón do actual presidente arxentino, Néstor Kirchner. Filmus, tamén ministro de Educación, conseguiu o 39% dos votos. O resultado suxire que a medio prazo, Macri poida aspirar a liderar un proxecto de oposición ao actual goberno arxentino.

Máis en Clarín e Página 12.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: