Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O prazo para A Polo Ghit! remata o 21 de xullo

Queda un mes para que comece a peneira da canción do verán

Xa levamos quince temazos, pero aínda agardamos por máis. Quédanvos catro semanas máis para achegárdesnos as vosas cancións do verán, así que afinade as gorxas e os instrumentos e... A Polo Ghit!

Redacción - 11:27 22/06/2007
A polo ghit!

A polo ghit!

Aínda estades a tempo de participar en A polo ghit, pero tendes que bulir! Contamos cunha chea de versións: poemas das nosas autoras ("Son a suma total", ou a visión que Manoele ten de María Mariño, e o "Merengue Rosalía" da Charleston Big Band), "clásicos" da nosa música, como o "Xirarei" heavy de Machina, ou clasicos do punk, como a canción máis galega dos Clash traducida a bilingüe harmónico, na voz do Leo i Arremecághona!!! e os Puta Miseria.

Tampouco faltan temas orixinais, como "Ata a auga das macetas", un himno aos embebedamentos do verán, de Lulu. Imben pensa na xente para a que o verán significa suar o dobre traballando en "Ti tes vacacións?", e The Turre's Band propóñennos unha viaxe a Hawai. Taru e os paxaros de coiro fan unha reflexión Afrikannreggaefolk en "Babilonia".

Non faltan as cancións de amor (un dos temas estrela do verán), como "Rapariga", de Los Santos, ou "Bikos from Madeira", de Snatch, o existencialismo e o "tempus fugit" en "Eu non sei", de Sonhos, a festa na "Ramalleira", de Cuchufellos, ou xente con ganas de falar directamente "Da praia", como a Banda bahiana Gandanagaia. E Lamanaestrada propóñennos un "Tango para bailar em tanga"... Todos os estilos, temas e xéneros compiten por ser a canción do verán galega. Xa tendes o voso "ghit"?


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Manoele
Manoele
O Leo i Arremecághona, de bailadora anarquista e con dicionario bilingüe
O Leo i Arremecághona, de bailadora anarquista e con dicionario bilingüe