Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ESPECIALIZADA NO ENVÍO MASIVO DE EMAILS

Unha firma viguesa de software abre sede en Londres

Krasis desenvolve ferramentas de marketing e teleformación.

Redacción - 14:10 21/06/2007
Logotipo da compañía viguesa

Logotipo da compañía viguesa

Krasis, unha empresa de software baseada en Vigo, anuncia a apertura en Londres dunha nova oficina. A firma quere así espallar o mercado dos seus produtos, entre os que destaca un programa (MAILCast 4.0) de mercadoctecnia a través do correo electrónico.

A compañía, fundada hai sete anos en Galiza, está especializada na teleformación e na mercadotecnia directa a través de internet. Krasis conta con sedes en Vigo, Madrid e, agora, na capital do Reino Unido.

O MAILCast -empregada por varias empresas europeas segundo di Krasis- está orientado ao envio masivo de correos electrónicos. Ademais, facilita saber se os envíos son efectivos. É decir, permite saber se os receptores dos emails reciben, abren e responden aos correos, entre outras funcións.


2,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: