Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A maioría desde a invasión de Iraq

Once mil soldados británicos desertaron desde 2000

Case todos foron capturados e un milleiro deles permanece aínda "en fuga".

Redacción - 09:00 21/06/2007

O informe foi feito público hai poucos días polo xornal The Daily Telegraph, que revelou que o exército británico estuda o por que da alta taxa de desercións. Con todo, desde o ministerio de Defensa atribúenlle oficialmente a situación a "problemas domésticos" e a intención de evitar o servizo militar e afirman que a participación do Reino Unido na guerra de Iraq "non ten que ver" coa tendencia.

No que vai de ano as estatísticas británicas de Defensa consideran en fuga, Awol, un total de 283 soldados, 279 desde 2006, 157 máis en 2005 e 135 en 2004. Desde o ano 2000 están en paradeiro descoñecido un total de 947 "soldados".


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: