Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Deixan a próxima xuntanza para agosto

Polisario e goberno marroquí saen optimistas das reunións nos EUA

Despois dunha década co diálogo bloqueado, as dúas partes fan avances cara ao dereito de autodeterminación do pobo saharauí.

Redacción - 08:00 20/06/2007

A posibilidade de que o referendo sobre o futuro do Sáhara se faga neses términos, introducindo a pregunta sobre o dereito de autodeterminación, parece agora máis preto, despois de que membros da propia delegación saharauí cualificasen de "éxito" a primeira toma de contacto.

Manhasset, en Nova York, volverá ser escenario da reunión entre as dúas partes o próximo mes de agosto. En conferencia de prensa á saída das xuntanzas desta semana, o ministro marroquí de Interior, Chakib Benmusa, subliñou a posición aparentemente inamovíbel do seu goberno, falado do plan para a "autonomía" do Sáhara como "única solución realista".

E así e todo, Benmusa explicou que a concesión de Marrocos pasaría pola renuncia á "integración completa" do territorio saharauí, afirmando que nese estremo a Fronte Polisario debería renunciar pola súa banda "á independencia total". Desde a Polisario consideran que se pode avanzar na definición do que "significa autodeterminación" e ven na posición marroquí certa flexibilidade ao respecto. Así, prognostican que este é o inicio dunha "longa negociación" fronte á que son optimistas.


4/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: