Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pechado o pacto en Santiago

PSdeG e BNG asinan a súa terceira coalición na capital

Satisfacción e optimismo de socialistas e nacionalistas cara ao novo ciclo de goberno en Compostela que se abre este martes.

Redacción - 14:00 19/06/2007

"Estabilidade" e "progreso" foron as claves destacadas por PSdeG e BNG este martes en Santiago durante a presentación dos detalles do pacto de goberno entre as dúas formacións. O alcalde Xosé A. Sánchez Bugallo destacou a "solidez" coa que nace o novo goberno. Pola súa banda, o líder dos nacionalistas, Néstor Rego, quen será tenente de alcalde único, salientou a "base programática" sobre a que se realizou a negociación. O acordo estabelece un único tenente de alcaldía, para o que se amplían funcións e distribúe nove concellarías para os socialistas e catro para os nacionalistas:

Para o PSdeG son as competencias Benestar Social e Muller, a cargo de Mar Martín; Obras e Infraestruturas, concellaría que xestionará Bernardino Rama, tamén con competencia na área de Relacións Veciñais; Urbanismo e Vivenda, xestionada por Mercedes Rosón; Facenda e Orzamentos, para Andrés Fariña, que tamén será Delegado de Deportes; Mobilidade e Seguridade Cidadá, ao cargo de Marta Álvarez-Santullano, quen será Delegada de Servizos, área que non incluirá auga e saneamento. Á fronte da concellaría de Mocidade e Festas estará Xosé Anxo Baqueiro, tamén Delegado de Sanidade e Consumo; Rosa Fernández Somoza será concelleira delegada de Réxime Interior, Persoal e Reforma Administrativa; Francisco Candela, concelleiro delegado de Transportes e Mercados; Guadalupe Rodríguez Silva, concelleira delegada de Educación e Normalización Lingüística.

Polo BNG, Néstor Rego será tenente de alcalde con funcións de comunicación e voceiro da Xunta de Goberno local. O propio Rego suma as competencias no ámbito dos centros socioculturais á concellaría de Cultura que xa xestionaba. Xosé Manuel Iglesias repite como concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Comercio, incorporando ademais as competencias en materia de Turismo. Elvira Cienfuegos xestionará a concellaría de Medio Ambiente e Socorro García Conde a área de Rehabilitación e Casco Histórico.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: