Virus e programas espía son as principais ameazas á seguridade. Un informe sinala que é vital contratar expertos nesta materia.
Unicamente o 61% das pequenas e medianas empresas (pemes) do país coida a súa seguridade informática. Así o revela un novo estudio de mercado realizado por Panda Software e a Fundación Fundetec.
A media estatal de empresas que si toman medidas para protexer os seus computadores é levemente superior á galega, un 63%. Canarias é a Comunidade na que as empresas dan máis importancia a este aspecto, cun 75 por cento das pemes enquisadas, e A Rioxa a que menos, cun 50 por cento.
Virus e programas espías
A investigación sinala que virus e programas espía son as principais ameazas, seguidos do correo lixo (o 'spam') e os contidos inapropiados. Un 25% dos enquisados recoñeceu que nalgún intre tivo que deter o seu traballo debido a algún problema de seguridade.
No informe, os autores destacan a importancia que ten destinar persoas en exclusiva á seguridade informática e cualifícano como un dos aspectos nos que as Pemes do estado deben mellorar.
Os datos foron recollidos entre 3.000 empresas dos 14 estados da Unión Europea. Os que máis se coidan a súa seguridade son os empresarios fineses (75%) e os que menos os austríacos (25%).