Segundo o presidente dos populares cataláns, Josep Piqué, isto demostra a "flexibilidade" do seu partido "para chegar a acordos políticos".
O Partido Popular de Cataluña (PPdeC) e Esquerra Republicana (ERC) conseguiron chegar a acordos postelectorais para a constitución de varios municipios do país, tal como Roquetes de Mar, Montroig del Camp e Palau-solità i Plegamans, entre outros.
Criterios locais
Segundo Josep Piqué, presidente dos populares cataláns, estes pactos demostran a "flexibilidade do PPdeC para chegar a acordos políticos", que en todo caso "responden a criterios locais" e non a un cambio de criterio tras as pasadas eleccións municipais.
Piqué admitiu que o seu partido mantén unha presenza local "moi baixa" en Cataluña, aínda que se amosou satisfeito da capacidade do PPdeC de acadar acordos con varias formacións, fundamentalmente con PSC e CiU, mais tamén con ERC.